martes, 9 de junio de 2015

VISITA DO CEIP FRIAN

Nas nosas xornadas de portas abertas, recibimos ao alumnado do FRIAN que posou co Capitán Nemo. Grazas pola vosa visita!



lunes, 25 de mayo de 2015

Despedímonos!

O seguinte vídeo resume o traballo de toda a comunidade educativa do IES ROU que se implicou neste fabuloso proxecto. Moitísimas grazas a todas e todos polo esforzo e ilusión!!

Actividade con Tablets- 1º BACH B

Nestes últimos días, estivemos a traballar co proxecto Con Vigo Tablets. Cristina Puga, asesora do CEFORE de Vigo, estivo con nós explicándonos varias cousas sobre Doceri, aplicación que usamos para traballar Xulio Verne en francés.
http://convigotablets.blogspot.com.es/





martes, 12 de mayo de 2015

O capitán Nemo- 4º de PDC

Xa chegou o Capitán Nemo ao ROU! Capitaneados pola súa titora Maite Freijido Román, os alumnos de 4º de PDC presentan o seu estupendo traballo no hall do centro! Grazas a Marta Clapés pola imaxe ( martaclapes.blogspot.com ) e a Osvaldo Gutiérrez, profesor de tecnoloxía, pola montaxe!


martes, 5 de mayo de 2015

Xulio Verne - Actividades en inglés

Ao longo do curso,o alumnado de 1º, 2º  3º de ESO disfrutou das seguintes lecturas  graduadas de Verne en inglés.

1º de ESO

2º de ESO
3º de ESO
E para ver o ben que manexan o idioma, podedes ver o vídeo que prepararon entre todos! Grazas a Marisé Izquierdo e Begoña Pedrero do Departamento de Inglés.

english department film from voar coslibros on Vimeo.

viernes, 1 de mayo de 2015

Visita de Fernando Lago Díaz- Piloto mercante

Tivemos o pracer de recibir no centro a Fernando Lago Díaz, piloto mercante e profesor no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico Norte.
Os rapaces de 1º de ESO escoitaron atentamente a súa presentación sobre a pesca e o mar. Grazas pola visita!

martes, 28 de abril de 2015

Expo Biblio

Este vídeo resume todas as actividades que se fixeron na Biblioteca en torno á figura de Xulio Verne.
Que o disfrutedes!