martes, 9 de junio de 2015

VISITA DO CEIP FRIAN

Nas nosas xornadas de portas abertas, recibimos ao alumnado do FRIAN que posou co Capitán Nemo. Grazas pola vosa visita!



lunes, 25 de mayo de 2015

Despedímonos!

O seguinte vídeo resume o traballo de toda a comunidade educativa do IES ROU que se implicou neste fabuloso proxecto. Moitísimas grazas a todas e todos polo esforzo e ilusión!!

Actividade con Tablets- 1º BACH B

Nestes últimos días, estivemos a traballar co proxecto Con Vigo Tablets. Cristina Puga, asesora do CEFORE de Vigo, estivo con nós explicándonos varias cousas sobre Doceri, aplicación que usamos para traballar Xulio Verne en francés.
http://convigotablets.blogspot.com.es/





martes, 12 de mayo de 2015

O capitán Nemo- 4º de PDC

Xa chegou o Capitán Nemo ao ROU! Capitaneados pola súa titora Maite Freijido Román, os alumnos de 4º de PDC presentan o seu estupendo traballo no hall do centro! Grazas a Marta Clapés pola imaxe ( martaclapes.blogspot.com ) e a Osvaldo Gutiérrez, profesor de tecnoloxía, pola montaxe!


martes, 5 de mayo de 2015

Xulio Verne - Actividades en inglés

Ao longo do curso,o alumnado de 1º, 2º  3º de ESO disfrutou das seguintes lecturas  graduadas de Verne en inglés.

1º de ESO

2º de ESO
3º de ESO
E para ver o ben que manexan o idioma, podedes ver o vídeo que prepararon entre todos! Grazas a Marisé Izquierdo e Begoña Pedrero do Departamento de Inglés.

english department film from voar coslibros on Vimeo.

viernes, 1 de mayo de 2015

Visita de Fernando Lago Díaz- Piloto mercante

Tivemos o pracer de recibir no centro a Fernando Lago Díaz, piloto mercante e profesor no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico Norte.
Os rapaces de 1º de ESO escoitaron atentamente a súa presentación sobre a pesca e o mar. Grazas pola visita!

martes, 28 de abril de 2015

Expo Biblio

Este vídeo resume todas as actividades que se fixeron na Biblioteca en torno á figura de Xulio Verne.
Que o disfrutedes!


jueves, 23 de abril de 2015

Gañadores Concurso Peixes

Neste Día do Libro, entregamos os premios do Concurso. Noraboa!

Ainoa e Modou









Traballo realizado por Ainoa ( 4º de ESO )
Traballos realizados por Modou ( 2º  de ESO )


















Traballo realizado por Aiza ( 2º de ESO )

martes, 21 de abril de 2015

Powerpoint-Proxecto Interdisciplinar 1º ESO C

Aquí está o gran traballo feito por 1º de ESO C baixo a coordinación do seu titor Pablo Blanco! Moitos parabéns!

jueves, 9 de abril de 2015

Concurso de peixes

Dende o Equipo de Biblioteca, Marisé Izquierdo convocou un concurso de peixes. En breves teremos os nomes dos gañadores!




Biblio quest Xulio Verne- 1º e 3º de ESO

O seguinte vídeo, presentado polo Capitán Nemo, resume as pistas que seguiron os rapaces para poder resolver o cuestionario de Xulio Verne.
Grazas a Marisé Izquierdo pola organización da actividade!
biblio quest julio verne from voar coslibros on Vimeo.

Chegou o Nautilus ó ROU!


E aquí temos a marabillosa maqueta do Nautilus realizada pola profesora Mª Carmen Domínguez. Parabéns!


miércoles, 8 de abril de 2015

Museo Meirande 3º ESO-1º BACH

Para relaxarnos despois dos exames, e como recompensa ao noso esforzo, fixemos unha entretida visita do Museo Meirande de Redondela acompañados polas profes Estela, Maite e Marisé.
Aquí tedes unhas fotiños e o vídeo do noso paso por alí:





VISITA MEIRANDE 3º eso-1º bach from voar coslibros on Vimeo.

lunes, 23 de marzo de 2015

Casa de Xulio Verne -Museo das máquinas

A profesora Maite Freijido comparte con nós este orixinal álbum de fotos, lembranza da súa viaxe a Nantes, cidade natal de Xulio Verne.

miércoles, 18 de marzo de 2015

3º ESO B conta Xulio Verne a 1º ESO

Os rapaces e rapazas de 3º ESO B cóntanlle Xulio Verne ao alumnado de 1º de ESO A/B/C.

La vuelta al mundo en 80 días 2º ESO A

Baixo a coordinación de Lucía Barros e Rosa Romero,o alumnado do Club de Fácil Lectura foi ao teatro ver a obra de Verne que leran previamente. Aproveitaron para facer unha excursión por Vigo e coñecer un pouco mellor a nosa cidade!

martes, 17 de marzo de 2015

domingo, 22 de febrero de 2015

Power points Atención Educativa 1º BACH B

O alumnado de Atención Educativa de 1º de BACH elaborou estes interesantes power points sobre a vida e obra do autor baixo o mando da súa titora Marisé. Aquí os tedes:


Exposición na Ágora 3º ESO B

O alumnado de 3º de ESO B montou unha increible exposición na Ágora do centro. Coordinados por Estela Lago, expuxeron os seus traballos ante os rapaces e rapazas de 1ºde ESO.

 

                   
3º eso julio verne-definitivo from voar coslibros on Vimeo.

sábado, 21 de febrero de 2015

jueves, 19 de febrero de 2015

Traballos alumnado de francés 1º BACH B

Aquí podedes ver o libro que elaborou o alumnado de francés de 1º de BACH B coa profe Henar.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Xulio Verne e a ensenada de San Simón

A través desta  presentación, elaborada por compañeiros do noso centro, podedes aprender  moitas cousas acerca da  ensenada de San Simón, presente na obra de Verne: Vinte mil leguas de viaxe no fondo do mar.

lunes, 19 de enero de 2015

Museo Meirande 1º ESO-4º ESO

O xoves 18 de decembro, o alumnado do Club  de Lectura de 1º de ESO, xunto con tódolos compañeiros de 4º de ESO e PDC, asistiu a unha visita guiada do Museo Meirande de Redondela. Aquí tedes o vídeo que resume o noso paso por alí.